Marzo do 99:
A mañá transcorría sen incidentes e os habitantes de Marsella parecían
permanecer á marxe da festa que se montaban os celestes, aínda que de
cando en vez había algún pique cando un francés sinalaba cara ao chan co
pulgar. Pero o sangue non chegaba ao río xa que os celtistas, sen
perder o sorriso, achéganse e din ¿foto?, un sorriso e merci.
Mentres tanto os Comandos, facían turismo en Arles, unha cidade
antiga e cun esplendido teatro romano, a cidade de Van Gogh, serviu de
descanso matinal, para pouco despois facer o desembarco en Marsella. Ás
dúas da tarde chegou o autobús do Comando Celta que despregaron tal
arsenal de bandeiras que impresionaron ós marselleses. Nin as máis de 18
horas de autobús conseguían apagar o ánimo a estes afeccionados que se
foron mesturando na cidade, aínda que os seus distintivos non lles
deixaban pasar desapercibidos. Ás seis da tarde estaba convocada a
marcha organizada polo centro galego de Marsella e ata entón houbo tempo
suficiente para facer turismo e repor forzas, ía facer falta.
Os Comandos aínda tiveron tempo para subirse a un antigo e enorme
carrusel situado nunha praza moi preto do peirao ataviados cos seus
cascos viquingos, as súas trenzas azuis, e as súas bandeiras ao vento.
Aquí quentaron motores para a longa camiñada na que as rúas de Marsella
foron do Celta. O concello da cidade deu permiso para celebrar a marcha
celeste, e nunha cidade que o caos automobilístico é constante,
permitíronse o luxo de cortar unha das vías principais de acceso ao
centro para deixar pasar a marea céltica. Unha hora despois xa se
divisaba o xigantesco Velodrome, campo do Marsella. O protagonismo dos
celestes na cidade diluíuse como un cubito de xeo ao entrar ao estadio,
preto de noventa mil gargantas ao unísono, ao berro de Oympique.


No hay comentarios:
Publicar un comentario