En novembro de 1986, co motivo do encontro Deportivo-Celta celebrado
na Coruña, realizouse unha excursión e a partir de aí fórxase a idea de
fundar unha peña.
Pasaron cinco meses dende aquela excursión e a idea de facer a peña
chegou a boa fin, despois de ter as correspondentes conversacións co
Real Club Celta —como tamén co corrdinador das peñas D. Andrés García—
constituiuse oficialmente e con estatutos no Goberno Civil (sección 1ª
de asociacións e dereitos cidadáns).
Así rezaba na Acta Fundacional o fin da peña:
“Non terá outros fins que o de fomentar a afección dos vigueses e
simpatizantes cara ó noso club, o Real Club Celta de Vigo, axudándoo co
noso alento e animación e acompañándoo nos desprazamentos máis próximos a
Vigo, onde o noso club xogue, e fomentar a afección ó fútbol”.
Tamén se constituíu a primeira Xunta Directiva Fundacional formada polos seguintes membros:
Presidente: Manuel Alonso Costas
Vicepresidente: José Luis Cerviño Vila
Tesoureiro: Leopoldo Celard Correa
Secretario: Francisco Hernández Toribio
Vocais: Jesús Domínguez Quintas, Jacinto Pérez Alonso e Manuel Sequeiros López
E chega a presentación da PEÑA COMANDO CELTA en Balaídos, o día 22 de
marzo de 1987. O Celta xoga co Deportivo da Coruña. Os bombos, as
bandeiras, as bengalas chegan ó campo. A bancada de Preferencia na que
está ubicada a peña é unha explosión de ruído e colorido; arde Balaídos
polos catro costados: Xuventudes Celestes en Río Baixo, Celtarras en
Gol, Celtas Sen Filtro en Marcador e Comando Celta en Preferencia. O
derbi está servido. O Celta gaña 3-0 e a afección disfruta.
A presencia de Comando Celta en Balaídos, xuntamente coas xa
habituais daquela época —Xuventudes Celestes, Celtas sen Filtro e
Celtarras— reforza máis o ambiente e colorido nas bancadas. Os bombos
esquecidos durante bastante tempo volvían, tamén as bengalas, tracas,
bandeiras… fan furor en Balaídos como en todos os campos de fútbol,
pois, a moda que vén de Italia implantarase de forma definitiva por
todas as peñas futboleiras de España.
A peña Comando Celta, durante esta época e no referente á animación da
bancada dedica unha parte do seu presuposto en bombos, tracas, bengalas,
bandeiras…, que gracias ás cotas dos socios, como tamén dos ingresos
xerados pola venda de material da peña (bufandas, pegatinas, etc),
axudan a sufragar os gastos ocasionados para tal fin.
Nestes comezos a peña conta con cerca de cento trinta socios peñistas e socios do RC Celta de distintas bancadas de Balaídos.
Os primeiros meses de vida do Comando Celta céntranse na asistencia a
todos os partidos que o Celta xoga en Balaídos e á posta en escena de
animación conxuntamente coas demais peñas, en especial con Xuventudes
Celestes.
A boa labor da Xunta Directiva da peña, incremento de socios, boas
relacións coa coordinadora de peñas e a boa disponibilidade de Real Club
Celta por mediación do, xa falecido, xerente Quinocho e pola secretaria
Ángeles Santos, axudan á definitiva consolidación da peña.




No hay comentarios:
Publicar un comentario