Comando Celta quixo festexar este ano, e fíxoo ao grande. 1998, quédase
gravada para a historia do celtismo, o Celta celebra o seu 75
aniversario e clasifícase para a UEFA, non cabe dúbida que Comando esta a
vivir un dos momentos mais doces destes once anos de existencia.
O 15 de maio foi unha das datas mais destacadas en toda a historia do
Celta. Ese día disputábase a última xornada da Liga, e o Celta chegaba a
este partido contra o Mérida con posibilidades de clasificarse para a
UEFA.
¡Histórico!, o Celta en Europa, por fin unha viaxe europea, o
continente espéranos. O triunfo sobre o Mérida (2-0) saltou como unha
espoleta nas bancadas de Balaidos, a afección toleou, desatou toda a súa
paixón, alegría e sentimento. E na celebración na praza de América, de
xeito extraordinario, Comando quixo sumarse á festa, e apoiou o festexo
cun superautobús tipo ínglés, onde fixo as delicias de todos os
afeccionados e dando colorido ó evento.
Durante todo o día, o autobús de Comando estivo alegrando e animando
as rúas da cidade e, para despois, recibir ao equipo no prolegómenos do
partido, e acompañalos na festa das Travesas.
Inesquecible para Comando, inesquecible para o celtismo.



No hay comentarios:
Publicar un comentario